O Concello de Lugo informa de que, con motivo das obras de reparación na rede de abastecemento de auga no barrio da Tolda, estes traballos obrigarán á Brigada Municipal de Augas a cortar a subministración na zona de Bosende, Santo André de Castro (Conturiz) e San Xoán de Pena (Nadela) o vindeiro mércores, 2 de marzo, dende as 9:00 horas e ata que rematen os labores, momento no que o servizo será restablecido de inmediato.
O Concello pide desculpas á cidadanía afectada polas molestias que lles poida ocasionar este corte de auga, necesario para acometer obras de reparación na rede de abastecemento da cidade.