Cortes de tráfico polo 53 Gran Premio Ciclista Milagrosa 2016

Con motivo do evento deportivo 53 Gran Premio Ciclista Milagrosa 2016, que se celebrará maña, día 24 de setembro, e que se desenvolve integramente pola Avenida Infanta Elena, levarase a cabo un plan de tráfico que leva o corte dunha serie de rúas, concretamente:

Corte total do tráfico na glorieta da Avenida Infanta Elena na súa intersección coa Rúa Alexandre Bóveda e outro na intersección desta avenida coa Rúa Río Narla.

No outro extremo do percorrido, levarase a cabo un primeiro corte no carril dereito, en sentido de entrada á cidade, na intersección desta avenida coa Avenida Paulo Fabio Máximo e un segundo corte total coa Rúa Garaballa de Arriba.

Cortarase ao tráfico o último tramo da Rúa Monte Faro, á altura de Rúa Pai Gómez, excepto residentes.

Corte do acceso desde o Parque da Milagrosa á avenida a través da súa única saída da vertente este e tamén á altura da intersección coa Avenida Infanta Elena.

Corte do acceso ao viario de ligazón de Róldaa Norte coa Avenida Infanta Elena á altura da citada rolda e na intersección do viario de ligazón coa glorieta circular da avenida Infanta Elena.

Este plan de tráfico iniciarase sobre as 14:30 horas ata a súa finalización.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com