O Concello de Lugo informa que durante os próximos días estarán pechadas ao tráfico:
A estrada vella de Santiago comprendido entre o desvío desta coa estrada de Portomarín (LU-612) ata a intersección da rúa Iglesias Otero, permanecerá cortada ao tráfico dende o luns 31 de agosto e ata o venres 25 de setembro, debido ás obras de “Ampliación da rede de abastecemento a Lugo”. O tráfico verase minimamente afectado debido ás alternativas existentes, que estarán sinalizadas mediante sinais circunstanciais e paneis informativos para facilitar a circulación dos vehículos pola zona.
No barrio da Milagrosa o corte efectuarase na rúa Alfredo Vila por mor das festas patronais da Milagrosa. permanecerá cortada ao tráfico dende mañá, venres 28 de agosto ata o 7 de setembro, para a montaxe, actividade e desmontaxe dos postos autorizados nas festas patronais do barrio.
Igualmente, dende o 4 ao 7 de setembro, permanecerá cortada ao tráfico a rúa Yáñez Rebolo, Mallorca e Praza da Milagrosa (excepto residentes), debido aos eventos que terán lugar en dita praza. Establecerase a rúa Milagrosa como vía de saída para os residentes. Neste mesmo intervalo de tempo, pecharase ao tráfico tamén a rúa Eloi Maquieira por motivos de seguridade.