Debido á celebración da proba AECC en marcha, que terá lugar este sábado, 23 de febreiro, pecharase ao tráfico a rúa Anxo López Pérez e a Avenida Ramón Ferreiro, dende a Praza Irmáns Pedrosa ata fronte da confluencia de Pintor Corredoira/Celso Emilio Ferreiro, dende as 16:00 ás 20:00 horas, aproximadamente.
Por este motivo, veranse alterados os percorridos do transporte público urbano, afectando ás liñas que se cita a continuación:
As liñas 3AE, 4E, 5E, 6E, 8E, 9E, 11E e 14E, procedentes da Ronda da Muralla, ao chegar á Porta Santiago e ao non poder continuar pola rúa Vilalba cara Ramón Ferreiro e Anxo López Pérez,desviaranse pola rúa Santiago, República Arxentina e Pintor Corredoira, e dende aquí ao chegar a Ramón Ferreiro cara os seus destinos de fronte por Celso Emilio Ferreiro, Jacinto Calvo a San Roque e á dereita dirección Avenida de Madrid, segundo os seus correspondentes destintos.
As liñas 3AE, 4E e 9E procedentes da Avenida de Madrid e Marina Española con destino a Ramón Ferreiro e Anxo López Pérez, ao chegar a Ramón Ferreiro, fronte ao Gran Hotel, confluencia Pintor Corredoira,desviaranse por Celso Emilio Ferreiro cara Jacinto Calvo e San Roque, incorporándose en Ronda da Muralla, onde continuarán cos seus itinerarios.
Polo tanto, quedan anuladas as paradas da rúa Vilalba, rúa Anxo López Pérez e Avenida de Ramón Ferreiro, ata Pintor Corredoira.