Crónica dunha dimisión anunciada: Miguel Couto abandona o Goberno Local de Lugo

Onte producíase a nova do abandono do enxeñeiro industrial Miguel Couto, presentaba a súa dimisión, por motivos  persoais, segundo nota do concello. Pero todo parece indicar que detrás da dimisión estaría a imposibilidade do nomeamento de xefa do servizo de arquitectura dunha persoa da súa confianza  e mesmo reorganizar todo o a área que xestionaba Couto.

Así as cousas, haberá que agardar a que a  seguinte persoa da lista  a profesora Silvia Alonso acepte entrar no goberno municipal e , a posteriori, quen será o/a edil  que se faga cargo desta área, fundamental no futuro da  cidade. Desta área dependen as licenzas de obra, as de apertura de negocios etc, cuestións moi sensibles para a creación de postos de traballo, algo absolutamente imprescindible para que esta cidade teña algún futuro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com