Cs censura a falta de actividades infantís para facilitar a conciliación durante o Nadal

A portavoz municipal de Cs Lugo, Olga Louzao, criticou esta mañá o desinterese amosado por parte do Goberno local á hora de deseñar un programa de actividades infantís que facilite a conciliación familiar e profesional dos lucenses durante as vacacións escolares de Nadal. “Estamos a día 12 de decembro e descoñecemos si o Goberno local programará actividades especiais orientadas ao público infantil durante este período navideño máis aló das habituais”, sinalou a edil da formación laranxa, quen lamentou a falta de previsión do Executivo e a ausencia de obxectivos claros na execución das súas políticas sociais e culturais.

Cs Lugo considera que a Administración local ten un alto grao de competencia e responsabilidade nesta materia e que dita responsabilidade non esta sendo asumida polo actual goberno bipartito. “A importancia das políticas de conciliación é innegable como vehículo para mellorar a calidade de vida dos lucenses e como ferramenta para fixar poboación e, deste xeito, poder lograr o ansiado obxectivo dos 100.000 habitantes”, apuntou Louzao. Ademais Cs Lugo considera que se debe apostar pola calidade na oferta de actividades infantís cubrindo as necesidades de desenvolvemento cultural e o tempo de lecer dos rapaces. “A oferta infantil debe ter uns obxectivos pedagóxicos claros e non se pode limitar a un cúmulo de actividades. É unha demanda social que o Goberno local non está a satisfacer”, continuou.

“Consideramos fundamental ofrecer campamentos para nenos e nenas durante estas semanas, así como deseñar un programa de actividades que abrangue unha franxa horaria de mañá e tarde. Non só se deben implementar en equipamientos municipais de proxección municipal. Necesitamos actividades de proximidade, que se leven a cabo en cada barrio”, proseguiu.

Neste sentido, a portavoz da formación laranxa lamentou que un equipamiento como a ludoteca do Vello Cárcere atópese tan infrautilizada. “Este caso é un claro exemplo da nefasta política levada a cabo polo Goberno local en materia de conciliación”, sinalou Louzao. Actualmente este servizo só se presta durante as fins de semana. Cidadáns considera que o horario debe ser ampliado. “Propoñemos que a ludoteca conte con actividade todas as tardes os días de semana e polas mañás e as tardes en períodos vacacionais como Nadal, Semana Santa e o verán”, concluíu a portavoz da formación laranxa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com