A voceira municipal de Cs, Olga Louzao, criticou con dureza esta mañá a improvisación do Goberno local en relación ao proxecto das caldas artificiais do río Miño posto que, como recoñeceu esta mesma mañá a responsable de economía, Paula Alvarellos, non existe ningunha previsión do gasto do mantemento anual desta instalación. Louzao asegura que trala advertencia do seu grupo en xaneiro de 2020 o Goberno local “ignorou a lóxica e deixa a súa xestión en mans da improvisación. De feito, nin tan sequera eles saben que modelo de xestión terá esta instalación”.
“Una ano e medio despois de que a alcaldesa anunciara aos catro ventos a inminencia deste proxecto financiado ao 80% por Fondos Europeos a única certeza que temos é que o orzamento pasou de 300.000 euros anunciados por Méndez no seu momento aos 900.000 euros actuais nunha demostración máis da falla de previsión deste executivo. Non nos opoñemos ás caldas, opoñémonos á improvisación e ao despilfarro do Goberno local. É unha chapuza. A política do anuncio de Lara Méndez e sonroxante, afirma e desminte en cuestión de meses sen ningún tipo de rubor. Por exemplo, as caldas foron anunciadas para estar concluídas no segundo semestre de este ano, e a obra aínda non esta adxudicada. Non se pode proxectar unha nova instalación municipal que sobre pasa o gasto de 900.000 euros sen saber canto custará mantelo”, afirmou a edil da formación laranxa.
“Instamos ao Goberno local a que realice un estudo de custos pormenorizado para saber o custo de mantemento asociado a esta infraestrutura e o seu modelo de xestión. É básico coñecer este dato para saber, por exemplo, cal será o importe do futuro contrato de concesión para que as empresas que opten á esa previsible concesión poidan presentar ofertas reais. Deste xeito evitaremos que o equipamento quede pechado por falta de ofertas ou o seu peche logo dun ano por falta de rentabilidade. Elaborar este estudo é o único modo de evitar problemas. Non queremos unhas caldas financiadas pola Unión Europea e pechadas por falta de viabilidade, xa que como asegurou na comisión o responsable do Goberno local o modelo de xestión será a través dunha concesión”, rematou.
Mai 21, 2021 - 07:48 PM
Pero ainda queda alguén de Cs en provincias?