Cs critica o “total descoñecemento” do Goberno sobre o funcionamento da Praza e o Mercado

A portavoz de Cidadáns no Concello de Lugo, Olga Louzao, criticou esta mañá a xestión realizada pola concelleira de participación cidadá, Cristina López, en relación á praza e o mercado municipal. Louzao asegurou que os responsables do Goberno local viven “á marxe da realidade” e que demostran unha “preocupante falta de capacidade de dialogo”.

“Notificaron a través dunha circular que o proceso de abastecemento debe realizarse de forma obrigatoria antes da oito da mañá, algo totalmente imposible cando falamos de produtos frescos cuxo fornezo dependen en ocasións de complexos procesos loxísticos e de reparto que non dependen da vontade dos praceiros”, argumentou concelleira da formación laranxa.

“Por exemplo, a última venda de peixe na lonxa de Burela ou Coruña empeza ás sete da mañá, polo que é imposible chegar a Lugo e descargar antes das oito. É un disparate”, proseguiu.

Louzao critica o fondo pero tamén a forma de comunicar a polémica medida tomada polo Goberno local. “Se se molestaran por coñecer un mínimo do funcionamento da praza de abastos ou do mercado municipal entenderían que esta circular sobre distribución de subministros é materialmente imposible de cumprir. Os propios praceiros aseguran que a decisión non foi consultada de forma previa e en ningún momento contaron coa súa opinión”, apuntou a edil.

Ademais Louzao informou de que algunhas das normas complementarias sinaladas nesta circular dificultan aínda máis o traballo dos praceiros. “López é responsable destas dúas instalacións municipais desde fai case dous anos, con todo en todo ese tempo só foi capaz de facerse unha idea parcial de como se desenvolve a súa actividade, en boa parte, pola súa incapacidade para dialogar con todo o colectivo. O Goberno local debe traballar duro para arranxar as numerosas deficiencias destas instalacións, arranxar urxentemente o problema das goteiras no mercado e prestar respaldo ao colectivo para que estes dous alicerces do mercado local e do produto de proximidade poida desenvolver ao máximo as súas capacidades”, concluíu.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Luis Díaz
    Mar 26, 2021 - 08:56 PM

    Sí, Señora sí, é vostede quen coñece moito ¿non si? ¡Anda ya!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com