Cs critica que a alcaldesa non poña solución a folga de funcionarios

O Grupo Municipal de Cidadáns no Concello de Lugo critica que a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, aínda non solucionara a folga dos traballadores municipais, “tras catro días de paro, a alcaldesa non foi capaz de convocar o comité de folga, o que é unha mostra evidente da súa despreocupación polo que ocorre no Concello”, afirma Olga Louzao, voceira do Grupo Municipal de Ciudadanos Lugo.

“Os servizos están paralizados e son moitos os cidadáns que se achegan as dependencias municipais a realizar trámites que finalmente non poden levar a cabo”, considera a voceira.

Os funcionarios municipais levan catro días de folga pola nova Relación de Postos de Traballo que o goberno pretende levar a cabo. “Ningún grupo municipal apoia a xestión deste goberno: a cidadanía hai tempo que perdeu a confianza nesta alcaldesa e agora tamén os seus propios traballadores municipais danlle as costas. Lara Méndez está cada vez máis soa, o que é un síntoma do esgotamento deste Goberno”conclúe a concelleira.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com