A portavoz municipal de Cs, Olga Louzao, denunciou esta mañá a situación de colapso que sofre a atención cidadá no Concello de Lugo debido á caída do servizo do 010. “É unha terrible irresponsabilidade que o BNG deixase que este servizo morrese cando tiña a notificación por parte da empresa de que renunciaba a prorrógaa do contrato. Contaban coa o información suficiente para buscar un plan b e non o fixeron. Agora as queixas dos cidadáns multiplícanse e a indignación é máxima. Trátase dunha mala previsión de Participación Cidadá. Deben achega solucións urxentes”, sinalou a concelleira da formación laranxa.
“É necesario solucionar o bloqueo na atención cidadá que existe no Concello de Lugo nestes momentos. Durante o día de onte o noso grupo municipal recibiu decenas de chamadas de veciños onde mostraban o seu malestar. É necesario que, canto menos, o goberno local facilite os números de atención cidadá porque o 010 está inoperativo e os veciños e veciñas desprázanse ás dependencias municipais buscando información e atópanse cun departamento onde só hai dous traballadores municipais, máis os ordenanzas que temporalmente están a facer labores de reforzo pero non de atención do 010, o que de xeito evidente resulta insuficiente para impedir o embude que sofre este servizo”, explicou.
“Ademais a supresión do servizo do 010 e está sobrecarga de traballo na atención cidadá, tradúcese nunha atención deficiente á cidadanía e está a colapsar a maiores o servizo de conserxería onde xa faltan conserxes nos colexios (xa hai unha baixa e unha vacante aínda sen cubrir nos centros escolares) polo que é necesario dar substitución a estes postos ou sacar con urxencia as bolsas de emprego para que temporalmente realícese este traballo”, concluíu Louzao.