O concelleiro de Cidadáns en Lugo Juan Vidal-Pardo esixiu esta mañá ao Goberno local a retirada das cabinas de teléfono e das maquinas do servizo da ORA. O edil censurou a falta de interese do Goberno local por eliminar elementos do mobiliario urbano que tildou de obsoletos e cuxa presenza contribúe, critica, a degradar a paisaxe urbana. “A presenza das maquinas do servizo de regulación de aparcamento, suspendido desde fai anos, ou a permanencia das cabinas de teléfono en moitas rúas da nosa cidade constitúen un anacronismo urbano que degrada a nosa cidade”, sostivo o concelleiro da formación laranxa.
“Trátase dun problema sintomático que exemplifica á perfección a ausencia dunha xestión eficaz sobre a conservación do entramado urbano e os seus elementos. Tanto as cabinas como os expendedores do tiquet da ORA constitúen elementos de risco para os viandantes con deficiencia visual como barreiras totalmente innecesarias. Deben retiralos xa”, argumentou.
Vidal-Pardo asegurou ademáis que a inacción do Goberno local na retirada de mobiliario público, unido á falta dunha ordenanza de publicidade exterior, ou de regulación de lonas para ocultar fachadas, suman un conxunto do que cualificou como aberracións inadmisibles que degradan a cidade. “A falta de sensibilidade deste Goberno local por aspectos tan básicos para evitar o feismo urbano ten como triste resultado unha imaxe da nosa urbe que non se corresponde co potencias estético de Lugo. É necesario tomar medidas neste sentido. Trátase só dunha cuestión de vontade política”, concluíu o concelleiro.