Cs esixe ao goberno local unha estratexia definida para chegar aos cen mil habitantes

A voceira do grupo municipal de Cidadáns, Olga Louzao,  esixiu esta mañá ao Goberno local unha estratexia “seria e definida” para acadar o obxectivo dos 100.000 habitantes con todas as garantías. “Queremos que o Goberno bipartito aclare que vai facer realmente para que a cidade chegue ao obxectivo máis aló da acción mediática. A pesar de que Lugo aproxímase aos 100.000 habitantes de forma orgánica, un análise en profundidade revela déficits demográficos, económicos e laborais contra os que non se está facendo nada e que son moi preocupantes”, apuntou Louzao.

Nesta liña, a voceira laranxa advertiu que existen indicadores alarmantes, como o saldo dos movementos poboacionais internos que é claramente negativo. “O ano pasado houbo máis persoas que deixaron a cidade para traballar fora que as que fixeron o camiño á inversa. Cremos que é necesario xerar motores económicos e dinamizar o emprego na cidade a través de plans específicos e bonificacións fiscais para atraer ao tecido productivo. É un asunto estratéxico de vital importancia que unha e outra vez está a ser deixado de lado polo Goberno local”, indicou. “Contamos na nosa cidade con solo industrial baleiro. É necesario xerar sinerxias coa Xunta e o Estado para que este solo sexa atractivo para as empresas”, cloncluiu.

Do mesmo xeito, outro indicador preocupante é o saldo vexetativo, tamén  negativo. O ano pasado houbo 216 defuncións máis que nacementos no noso concello. “De nada serve chegar aos 100.000 habitantes se ano tras ano Lugo sitúase entre as capitais de provincia maís envellecidas de España. Desde Cs propoñemos que o Goberno local poña en marcha medidas concretas no ámbito da conciliación familiar na medida do posible. Sabemos que é un problema de ámbito nacional pero cremos que se pode focer moito desde esta Administración”, dixo.

En definitiva, o crecemento de poboación do concello susténtase grazas a poboación extranxeira. O ano pasado Lugo recibiu 1.062 cidadáns procedentes de outros paises. O grupo municipal de Cs considera necesario garantir a integración social da porcentaxe de poboación desocupada e en risco de exclusón social. “Existen evidencias de que o traballo preventivo neste senso é o máis efectivo. Consideramos que é necesario que os profesionais do  Departamento de Servizos Sociais conten cun protocolo de actuación definido para este casos. Do mesmo xeito, o Goberno local ten que garantir que os profesionais deste área conten cos recursos económicos e humanos necesarios para axudar na integración e detectar os problemas de exclusión de forma mías rápida e máis efectiva”.

Por último Louzao referiuse a poboación flotante. “É outro dos probelmas para acadar a cifra de 100.000 habitantes segundo indican os propios técnicos municipais”, sinalou. “Debemos coñecer o volume aproximado deste sector e poñer en marcha iniciativas para fomentar o empadroamento”, rematou a voceira de Cs.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com