O concelleiro do grupo municipal de Cidadáns en Lugo, Juan Vidal, solicitou esta mañá ao Goberno local que aclare o papel que xogará a figura de libre designación para as xefaturas de servizo na nova Relación de Postos de Traballo (RPT). “Cal é o motivo de que existan postos de libre designación que antes non existían? Sabemos que na negociación da RPT solicitouse por parte dos sindicatos a súa redución ou supresión e o Goberno local fixo caso omiso desta proposta”, asegurou o edil da formación laranxa. “Ademais chámanos poderosamente a atención que se suprima a apertura das xefaturas de servizo a habilitados nacionais. Debemos entender que esta apertura non se soportaba xurídicamente?”, proseguiu o edil.
Ademais, Vidal insistiu en que a nova RPT supón unha subida preocupante no capítulo 1 de gasto en persoal dos Orzamentos municipais. “Debémonos preguntar se este incremento supón un incumprimento da Lei de Estabilidade Presupostaria. Este aspecto debe ser aclarado e ben aclarado polos técnicos municipais, xa que pode que non se incumpla dita lei a curto prazo pero corremos o risco de que poida supoñer un problema no futuro. Esta RPT non pode e non debe ser unha hipoteca para Lugo”, sentenciou Vidal, quen ademais anunciou que solicitará ao Goberno local que organice unha mesa de traballo para valorar as alegaciones que se presenten a esta RPT.
Doutra banda, o edil da formación laranxa destacou unha serie de deficiencias detectadas que se suman ás xa denunciadas por Cs o venres 29 de novembro. “Esta RPT segue sen solucionar moitos dos problemas que arrastra o Concello de Lugo en materia de persoal debido a unha xestión deficiente sostida ao longo da última década polo PSOE”, dixo. Cs Lugo considera que á alarmante falta de previsión de persoal en servicos como o de Augas ou o de Licenzas, completamente saturados, súmase outras carencias preocupantes. “Entendemos que aqueles casos nos que os traballadores levan a cabo o seu labor en xornada partida como celadores de deportes, traballadores de familia ou ordenanzas de servizos sociais, deben ser estudados para non crear unha discriminación con outros traballadores respecto da puntuación da incompatibilidade”, asegurou.
Outro dos problemas que non soluciona esta RPT, segundo considera Cidadáns, é o papel docente que levan a cabo os músicos da Banda na Escola Municipal de Música. “Non entendemos como músicos que van levar a cabo un labor docente poden ter unha categoría C2, existe unha responsabilidade ineludible sobre alumnos e alumnas menores de idade que entendemos debe ser correctamente retribuida. Ademais non entendemos a falta de previsión do Goberno local. Por que non se crea o posto de subdirector da Banda municipal de Música?”, preguntou o edil.
Para rematar Vidal enumerou outra serie de deficiencias que, augura, traerán problemas nun futuro inmediato unha vez aprobada a RPT. Existen agravios comparativos entre traballadores municipais. Para mostra disto o caso dos conserxes de edificios municipais e os ordenanzas de Servizos Sociais, con distintas puntuaciones e polo tanto distintas retribuciones. “Aspectos como estes, que esperamos ter a oportunidade de tratar co Goberno local na mesa de traballo, evidencian que a RPT presenta muchísimas lagoas, xera descontento e é un documento ineficaz para a xestión do futuro do Concello”, concluíu Vidal.
Dec 10, 2019 - 11:23 PM
A famosa RTP, penso que é un desastre. Pero o tempo o dirá……….
Dec 10, 2019 - 08:58 PM
@CsLugo_ Pufff hay tanto que explicar….y ahora el @BNGLugo se suma al carro del ocultamiento en vez… https://t.co/hJnUng8uIb