Cs insta ao Goberno local a que prohiba o paso de vehículos pesados por Camiño Rego da Laxe

O concelleiro de Cs Lugo, Juan Vidal, instou esta mañá ao Goberno local a que prohiba o paso de vehículos pesados pola vía que comunica a Ponte Branca coa Estrada Vella de Santiago, a través de Camiño do Agro e Camiño Rego da Laxe, no barrio da Ponte. “É necesario limitar o paso de vehículos de máis de 3.500 quilos por esta vía. Os camións que proceden da ponte continúan recto na primeira rotonda para atallar na súa incorporación á Estrada Vella de Santiago, en vez de continua ata a segunda rotonda e incorporarse pola estrada de Portomarín, como fan por exemplo os buses urbanos”, sinalou o edil da formación laranxa.

Cs Lugo considera que o tránsito de vehículos pesados por este itinerario xera problemas no seu incorporación á estrada Vella de Santiago por Camiño Rego da Laxe debido ás características deste cruzamento. “Os vehículos de certo tamaño e peso non dispoñen de espazo suficiente para realizar a incorporación de forma correcta e vense obrigados a invadir as beirarrúas da Estrada Vella de Santiago na intersección coa rúa Doutor Igrexas Otero. Isto supón un serio risco para a seguridade dos peatones e xera un deterioro notable nestas beirarrúas que se están afundindo como consecuencia do peso dos vehículos”, sinalou Vidal quen desvelou que nas últimas semanas numerosos veciños mostráronlles o seu malestar por esta situación.

Ao problema de seguridade vial e ao deterioro das beirarrúas únese as frecuentes conxestións de tráfico que se xera neste punto. «Nos últimos días a retenciones en hora punta chegaban ata a propia rotonda co problema que este supón», sinalou o concelleiro. “Trátase dunha situación solucionable xa que existe un itinerario alternativo para este tipo de vehículos que ademais é o que máis se adecua ás súas características. O Goberno local debe actuar xa. Debe realice unha mellora da seguridade vial nesta zona que presenta numerosas deficiencias. Non se trata dun problema menor”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com