Cs Lugo aposta por dotar ao rural de conexión rápida de Internet para fixar poboación

O concelleiro de Cs Juan Vidal-Pardo instou ao Goberno local a definir un plan de actuación que permita avanzar na dotación de Internet de alta velocidade nas zonas rurais do municipio. “É necesario que o bipartito leve a cabo un traballo transversal no que se involucren de forma conxunta distintas áreas municipais co obxectivo claro de mellorar a conexión a internet nas zonas rurais. Tanto PSOE como BNG reducen o seu compromiso con este asunto a pura palabreria e eluden traballar neste asunto escusándose en que é unha labor da Xunta e do Goberno central. Na nosa opinión están infravalorando a capacidade da administración local para darlle a volta a situación, existe moito traballo que pode levarse adiante desde o Concello de Lugo”, sinalou o edil da formación laranxa.

“É inadmisible que a día de hoxe existan núcleos en Lugo onde os seus veciños non poidan recibir na casa unha mensaxe de whatsapp ou realizar por vía telemática tramites coa administración local ou simplemente pedir cita co médico. O proxecto de Lara Méndez e Arroxo está a crear cidadáns de primeira e segunda categoría promovendo iniciativas destinadas unicamente ao espacios onde se concentra a poboación. Están a rexer os cartos desde unha óptica puramente electoralista onde os veciños e veciñas do rural simplemente non interesan. Desperdiciar o potencial das nosas parroquias como espazos para fixar poboación e potenciar un modelo cheo de desequilibrios que non respecta a ordenación lóxica do noso territorio e que está abocado ao fracaso”, explicou Vidal-Pardo.

O edil plantexa catro liñas fundamentais de traballo: reclamar a administración autonómica e central un maior compromiso, chegar a acordos cos distintos operadores de telefonía móbil, crear unha liña de axudas para internet vía satélite e establecer unha rede de cobertura wifi gratuíta no rural a través do proxecto da Unión WiFi4EU.

“O proxecto WiFi4EU nace para reducir esta fenda dixital. A Comisión Europea puxo en marcha esta iniciativa en 2018 e, desde entón, centos de municipios galegos, españois e toda a Unión Europea estanse a beneficiar da súas subvencións sen que o Goberno local haxa dado un só paso adiante nestes tres anos no rural. A falta de proactividade revela unha ausencia total de vontade política con este asunto de capital importancia no rural. Dotar ao noso rural de servizos como o de internet permitiría fixar poboación  e combatir o despoboamento”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com