A portavoz municipal de Cs Lugo, Olga Louzao, criticou esta mañá con dureza a deixadez de funcións do executivo local en relación ao asunto Garañón. “É inadmisible a falta de vontade política demostrada por parte da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, en relación a este problema. Non só desoíu sistemáticamente o mandato da sentenza e o posterior requerimiento para a execución da derriba, senón que non deu un só paso para aportar solucións urbanísticas para esta zona”, asegurou a portavoz da formación laranxa, quen recordou que a derriba das torres do Garañón é un dos principais problemas aos que se enfronta a cidade no seu futuro inmediato pola súa transcendencia urbanística e o seu impacto nas arcas municipais.
O 22 de xaneiro de 2018 a sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG dictou unha providencia na que se require á alcaldesa a execución da derriba para cumprir a sentenza firme número 100/2017 do 2 de marzo de 2017. “Case dous anos despois desta providencia o Goberno local continúa sen facer nada. Nin sequera temos constancia de que exista un estudo técnico sobre os custos que supoñerá executar a derriba e indemnizar aos propietarios. Méndez está alargando este calvario de forma intencionada para tratar de esconder as vergonzas da xestión socialista en Lugo”, asegurou a edil.
Ademais Louzao lembrou que na sesión plenaria de outubro de 2017 acordouse proceder á formulación do proxecto de modificación do PXOM. Posteriormente, en novembro de 2018 acordouse iniciar por parte do Concello de Lugo, con medios propios, un estudo de alternativas para a tramitación da modificación puntual da unidade de actuación CS-5, na que como criterios prioritarios eran xerar o menor impacto económico ás arcas municipais, a conversión en zona verde da maior superficie posible e promover o menor impacto visual da edificabilidade resultante no caso de que exista algunha.
“O Goberno de Méndez tampouco fixo nada para aportar unha solución urbanística a este espazo. A alcaldesa foi incapaz de afrontar este problema nunha demostración clara de incompetencia. Lugo non pode continuar así, o Goberno debe actuar. De non ser así o Garañón continuará en pé 10 anos máis e esta zona seguirá sen contar cunha solución urbanística”, concluíu.
Para rematar Louzao criticou tamén o papel que está desempeñando o BNG dentro do goberno bipartito. “Están sendo cómplices da inacción socialista. Desempeñan un papel de apoio plegándose por completo á vontade de Méndez. Estamos vendo a un BNG moi distinto ao que tiñamos na oposición”, destacou a portavoz.
Dec 17, 2019 - 07:41 PM
Esto es un cachondeo que se permitiera construir esos edificios .se debieran hscer viviendas sociales en ellos y que no se tiren
Dec 17, 2019 - 03:31 PM
¡ Buenoooo ! xa están estos recuperando as Perfomances que tanto lles gustaron o último verán . Coma teatreiros , ninguén lles gaña .
Dec 17, 2019 - 04:56 PM
Luis Díaz pero que malo teràn as performances ! Andan todos nelas. 🙂
Dec 17, 2019 - 06:26 PM
Xesús Feás xa home , pero estos non paran , viches as do verán , era un continuo espectáculo colegial de fin de curso , dito isto , que fagan o que queiran , mentres non se marquen…
Dec 17, 2019 - 07:13 PM
Luis Díaz debìan facer unha obra de teatro…xuntando as performances, as pezas.
Dec 17, 2019 - 07:24 PM
Xesús Feás , cala , cala , non des ideas
Dec 17, 2019 - 02:45 PM
Sñr. Louzao eso xa o sabemos todos. Creo que hai cousas máis importantes das que ocuparse. É deixarse de tantas fotos e saír nos medios..