C’s Lugo critica que se suba o prezo dos aparcadoiros municipais

A voceira de Cidadáns no Concello de Lugo, Olga Louzao, criticou esta mañá a decisión da rexedora da cidade, Lara Méndez, de autorizar unha suba do 1.8% nas taridas dos aparcadoiros públicos de titularidade municipal ” sen que se avanzara paralelamente na proposta para aumentar o tamaño das prazas de aparcamento”.

O Goberno municipal socialista acaba de autorizar esta suba do 1,8% nas tarifas dos aparcadoiros de Santo Domingo, praza do Ferrol e praza da Constitución, para o vindeiro ano, segundo o decreto asinado pola concelleira de econoía, Ana Prieto, correspondente co IPC interanual de setembro de 2016 a setembro de 2017. Trátase dun “incremento importante” xa que, segundo explica Cidadáns, a suba das taribas deste ano fora tan só do 0,2%.

O goberno local atende así un escrito presentado pola empresa concesionaria, Interparking Hispania S.A., o pasado 17 de outubro no que solicitaba autorización para a suba dos prezos, en virtude do convenio asinado co propio Concello no 2001.  As novas tarifas, que rexirán dende o vindeiro 1 de xaneiro, quedan fixadas da seguinte forma: os primeiros 92 minutos de estancia terán un prezo de 0,0297584 euros por minuto e, a partires do minuto 93 a 0,0198391 euros o minuto. A partir das 11 horas e 59 minutos de estancia e ata as 24 horas (día completo)  o prezo será de 15,15 euros.

Olga Louzao criticou que “estas subas non vaian acompañadas dunha mellora nas dimensións das prazas” de estacionamento nestes tres aparcadoiros públicos de titularidade municipal, “moi reducidas en canto a tamaño e que dificultan o seu uso”. Neste senso, a voceira de Cs Lugo no Concello indicou que “o baixo nivel de ocupación que rexistran habitualmente estes tres aparcadoiros municipais débese en boa medida á súa incomodidade para os usuarios”, motivo polo cal Louzao reprochou a Méndez que “se dea tanta présa en subir as tarifas e tan pouca en garantir que o servizo que presta a concesionaria sexa de calidade”.

Asemade, Olga Louzao lembrou que “o pasado 17 de febreiro a alcaldesa daba unha rolda de prensa con atril incluido diante do aparcadoiro da praza do Ferrol anunciando o redimensionamento das 739 prazas dos tres aparcadoiros municipais para facelas máis amplas, cómodas e accesibles pero, seis meses despóis deste anuncio, todavía non se acometeu a ampliación nin se presentou aos grupos da oposición un estudo que evalúe o impacto económico sobre os ingresos da empresa adxudicataria do servizo e a conseguinte compensación en anos de aumento da concesión”.

Segundo o anuncio que fixo naquel entón a propia Lara Méndez, a solución proposta consistiría en facer de cada tres prazas actuais dous e compensar á empresa que xestiona os tres aparcadoiros municipais dende 1986 por un período de 49 añnos cunha ampliación da concesión, á que nestos momentos todavía lle quedan 18 anos de vixencia, para que desta maneira non supoña un incremento das tarifas.

Finalmente, Olga Louzao criticou a “improvisación constante” deste Goberno, que “toma constantemente decisións ailladas e sen sentido en materia de tráfico sen medir os seus efectos nin consecuencias”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com