Hoxe é venres, día de mercado na cidade de Lugo e día, tamén, do mercadillo que se celebra no parque da Milagrosa. A voceira municipal de Cs, Olga Louzao, achegouse hoxe ao coñecido como mercadillo de Frigsa para denunciar a falta de control que hai no parque os martes e venres, días que ten lugar o mercado. Louzao, que explicaba que se trata dunha actividade regulada, denunciou a falta de supervisión por parte do Goberno local que fai posible que un importante número de vendedores presuntamente sen autorización comercialicen con mercancía de dubidosa procedencia.
“Veciños da zona e usuarios deste mercadillo trasladáronnos o seu malestar polo comercio ilegal de produtos de dubidusa procedencia que se leva a cabo nun área moi determinada deste mercadillo. Esiximos á concelleira responsable deste área, Cristina Lópaz, que tome as medidas necesarias para garantir o futuro desta actividade e evitar que se deteriore o seu prestixio”, asegurou a concelleira da formación laranxa.
De forma paralela a este problema, a “actividade clandestina” dentro do Mercadillo de Frigsa esta xerando problemas de convivencia na zona. Louzao instou ao Goberno local a tomar cartas no asunto para evitar futuros conflitos. “Recibimos chamadas todas as semanas con denuncias polo lixo xerado e espallado polo aparcadoiro de detrás do auditorio Gustavo Freire. Ademais, nas zonas próximas aos contedores de lixo das rúas adxacentes deposítase gran cantidade de mercancía desechada que contribúe a degradar a zona e que xera problemas de salubridade. Instamos ao Goberno local a que leve a cabo o labor de supervisión necesaria e que evite que se desperdiguen o lixo e os enseres abandoados no aparcadoiro e na rúa Río Narla. Esta falta de dilixencia é inadmisible e a inacción rematará por destruír a actividade comercial lexítima deste mercadillo de longa tradición na zona norte”, advertiu Louzao.
Louzao solicitou ao Goberno local medidas para dinamizar este mercadillo no que a presenza de postos viuse reducida drásticamente nos últimos meses, en xullo apenas 30 postos dos 100 habituais, como consecuencia da crise sociosanitaria derivada do Covid-19. “É necesario poñer en marcha medidas de dinamización para evitar que este mercadillo morra. O aumento do control e os labores de supervisión, unidas á limpeza e as actividades dinamizadoras contribuirían sen dúbida a salvar o mercadillo de Frigsa e a que a veciñanza poida acudir coas máximas garantias de seguridade sanitaria no futuro. É necesaria que o bipartito tome medidas urxentes para cando se retome a actividade”, concluíu.