Cs Lugo denuncia o mal estado da rúa Frai Plácido Rei Lemos trala reparación dunha avaría

O Grupo Municipal de Cidadáns Lugo denunciou esta mañá o mal estado que continúa presentado a rúa Frai Plácido Rei Lemos, trala reparación da avaría que sufriu a rede de augas durante as festas patronais de San Froilán.

Durante a celebración do San Froilán, as casetas del polbo e os veciños da zoa quedáronse sen suministro de auga, durante dous días, por un problema na rede de augas, e para solucionalo tiveronse que levantar varios tramos de beirarrúa, que case tres meses despois continúa sen estar amañado.

“Isto é só unha mostra máis da despreocupación que sinte a alcaldesa e o seu Goberno pola cidade de Lugo. Hai cinco tramos de beirarrúa levantados e rodeados dun valo, que fan moi complicada a utilización da rúa, por non falar da maña imaxe que da, algo que semella non importar a ninguén deste goberno”, afirma Jesús Expósito, concelleiro da agrupación.

Dende Cidadáns, Expósito aconsella “á alcaldesa que ela e o seu círculo camiñen máis pola cidade, para que sexa consciente en que estado se atopa a maior parte das zonas de Lugo. Unha rúa que se levantou por unha avaría non pode tardar máis de dous meses en arranxarse”, considera Expósito.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com