Cs Lugo denuncia o mal estado de varios contedores da cidade

O Grupo Municipal de Cidadáns Lugo denunciou esta mañá o mal estado de moitos contedores de lixo en varios puntos da cidade, como na rúa Dinán, San Roque ou Fingoi. A maioría de danos son ter a tapa rota, que non funcione o pedal para abrilos ou que a propia base teña roturas. Na rúa Dinán, ademais de ter os contedores en mal estado tamén é común atopar lixo na rúa.

Varios contedores soterrados da cidade tamén están dando numerosos problemas ao estar inutilizados, como os da Praza da Soidade ou os de diante da escola infantil de San Fiz. No casco histórico, os contedores son insuficientes ao haber, de maneira continuada, lixo ao carón dos depósitos soterrados, como ocorre na rúa Xoán Montes o na rúa Tenente Coronel Teixeiro.

“É unha vergoña que a cidade teña tantos contedores en mal estado, non se libra ningún barrio de Lugo deste fenómeno, que xera malos olores, unha terrible imaxe, e o máis importante, unha gran insalubridade”, considera Olga Louzao.

Durante as festas de nadal tamén puideron observar como varias rúas da cidade, que funcionan cun sistema de contedores de quita e pon, se enchían de caixas ou de lixo, xa que moitos negocios pecharon máis tarde do habitual.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com