O Grupo Municipal de Cidadáns reuníuse onte coa asociación contra a violencia de xénero Si, hai saída, para coñecer de primeira man as reclamacións e problemas con os que se atopan todas as vítimas de violencia machista na cidade de Lugo.
“Desde Cidadáns consideramos que é esencial erradicar a violencia de xénero, algo que sóo se conseguirá se traballamos a diario, e non só no mes da non violencia de xénero ou no día da muller”, afirma a portavoz de Cs, Olga Louzao.
O Grupo Municipal quérese facer eco das denuncias desta asociación, como o peche por vacacións do Punto de Encontro, un centro indispensable ao ser unha forma segura de cumprir cos dereitos de visitas entre os agresores e seus fillos; ou a falta de prazas nos pisos de acollida.
“Moitas veces estes pisos están cheos e as mulleres son reasignadas nos albergues ou incluso son mandadas a outras cidades como Ourense ou A Coruña, isto é un agravio e unha segunda discriminación para estas vítimas, ao ser sacas dos seus círculos sociais”, considera Louzao.
A isto se lle suma que Lugo siga sendo a única cidade galega sen un xulgado específico contra a violencia de xénero, a pesar de que o ano pasado superáronse as 200 denuncias na cidade, e se alcanzou as 696 na provincia, o que equivale a case dúas denuncias ao día, con cifras que aumentan cada ano.
“Desde Cs xa pedimos hai tempo un reforzo de persoal policial ante a falta de recursos actuais. É esencial que desde as comisarías haxa axentes cunha formación específica, que axuden as vítimas das agresións e as acompañen durante todo o proceso, sendo indispensable este aumentos nos corpos de seguridade. Pero previamente a estas denuncias, hai que reforzar as campañas de sensibilización, crear mesas redondas para os xóvenes e tratar o problema desde a infancia”, apunta Louzao.
Para rematar, o Grupo Municipal quere saber se a nova subdelegada do Goberno de Lugo, Isabel Rodríguez, vai tomar algunha medida sobre este tema e, de ser así, cales son.