Cidadáns Outeiro de Rei reuniuse cos veciños da urbanización os Alargos para coñecer de primeira man os seus problemas coas augas fecais. Os veciños da urbanización puxeron en coñecemento dos membros da agrupación a situación que viven día tras día soportando vivir preto dun foco de infección, fedor e insalubridad, “unha situación insoportable que veñen padecendo desde hai máis de 10 anos debido ao encontro das augas fluviais coas fecais” comenta o coordinador de Cs, Manuel Varela.
“As queixas dos veciños débense a que deben soportar que as augas das súas casas cheguen en moi mal estado”, explica Varela quen comenta ademais que os propios veciños levaron a analizar mostras das augas e, os resultados non deixan lugar a dúbidas xa que conclúen que as augas son turbias e deben ser filtradas. Desde Cs, Manuel Varela explica que “a auga a pagamos todos, é cara e non debería ter que ser filtrada. Todos os veciños deberiamos ter acceso a un bo servizo de augas”.