O Grupo Municipal de Cidadáns propuxo esta mañá na Comisión de Festas a posta en marcha dun servizo á demanda dos usuarios nos autobuses nocturnos durante as festas do San Froilán.
“Estes autobuses circulan pola cidade hasta as 3 da mañá, polo que consideramos que se podería mellorar a seguridade dos cidadáns si eles mesmos indican en que lugares da ruta quérense baixar, aínda que non haxa unha parada habilitada para iso”, considera a voceira de Ciudadanos, Olga Louzao.
Esta medida xa se levou a cabo en outras cidades como Bilbao, Vigo, Santander ou Terrasa cun gran éxito, xa que este servizo ten un custo mínimo e ao ser no horario nocturno non entorpece o tráfico na cidade.
Ademais, aínda que todos os usuarios poderían utilizalo, Louzao considera que “é unha medida moi boa para loitar contra as agresións machistas, sendo una ferramenta que lle podemos dar as mulleres para volver sas a casa”, tamén engade que “aínda que en Lugo non haxa servizos de autobuses nocturnos, no inverno faise noite pechada moi cedo, polo que solicitamos que este servizo siga o resto do ano”.
Por outra parte, o Goberno Municipal anunciou esta mañá que efectivamente, tal e como adiantou Ciudadanos, a Banda Municipal de Música non vai tocar nas festas de San Froilán por primeira vez na súa historia. “Desde Ciudadanos lamentamos que os veciños e visitantes da cidade non vaian a gozar da música da nosa banda por culpa da lentitude do Goberno Municipal de atopar un substituto para o director da banda”, lamenta Louzao.
A Banda Municipal tampouco realizou este ano seus clásicos concertos do verán nin actuou na ofrenda ao reino de Galicia, a pesar de que os seús músicos continúan cobrando.