Cs revela que Lara Méndez admite a Montoro que non executará parte dos investimentos

O grupo municipal de Cidadáns revelou esta mañá que as previsións que manexa o actual Goberno a estas alturas é que a metade do orzamento previsto para investimentos quede sen executar a final de ano. En concreto, a voceira de Cidadáns no Concello, Olga Louzao, explicou que o Goberno de Lara Méndez ven de remitir unha comunicación ao ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, en cumprimento das obrigas de subministración de información que a Lei Estabilidade e Sostenibilidade Financieira impón ás entidades locais, na que admite que deixará sen gastar 6,5 millóns de euros do Orzamento Municipal deste ano, que aínda está sen aprobar, e que inclúe partidas de investimento por importe de 13 millóns de euros.

Olga Louzao indicou que “isto é unha consecuencia máis da falta de xestión absoluta deste Goberno en materia económica, que non é capaz nin de gastar os cartos dispoñibles”. Alertou ademais que “a piques de rematar o primeiro trimestre do ano o Concello de Lugo segue sen ter Orzamentos aprobados para este ano” e indicou que “este feito débese a que Lara Méndez presentounos moi tarde e non quixo negociar os Orzamentos con ningún grupo da Corporación”. Lembrou, neste sentido, que Cidadáns presentou reclamacións ás previsións Orzamentarias do Goberno para este ano e que están sen respostar desde hai máis dun mes, polo que a aprobación definitiva do Orzamento Municipal segue pendente.

A voceira de Cidadáns tamén explicou que “a situación do pago de facturas no Concello de Lugo tampouco mellorou” e puxo como exemplo o máis de medio millón de euros en recibos da luz do ano 2017 que o Goberno de Lara Méndez levará a este Pleno para o seu abono con reparos de legalidade do interventor municipal, ao tratarse dun dos múltiples servizos que non teñen contrato. Neste sentido, Olga Louzao indicou que “a caótica situación dos contratos caducados non fixo máis que empeorar desde que Lara Méndez é alcaldesa” e dixo que “no que vai de ano van case 3 millóns de euros en facturas irregulares, que se suman aos 18 millóns de euros cos que rematou 2017”.

Por iso, Olga Louzao concluíu que “a área económica do Concello segue en estado crítico e non vemos a este Goberno capaz de reanimala”, afirmou. E reprochoulle á alcaldesa que estea “pensando en columnas dóricas e en cubertas de cristal cando nin sequera hai contrato para pagar os recibos da luz”.

“Tanta negatividade lles leva ao absurdo”

A edil de Economía do Concello de Lugo, Ana Prieto, non tardou en reaccionar a estas declaracións de Cidadáns, quen asegurou que ao grupo de Louzao, “tanta negatividade lles leva ao absurdo”. Prieto cuestionou que o mesmo grupo que “dixo non aos orzamentos con maior volume de investimento da última década” e que “presentou alegacións co único obxectivo de retrasar estes orzamentos” sexa o mesmo que ahora “nos critica por non executalos”. Unha cuestión esta última que para a concelleira do equipo de Lara Méndez semella “unha broma de mal gusto”.

Ana Prieto asgurou que as cifras remitidas ao Ministerio de Facenda son “estimacións” que teñen que enviar de maneira obrigatoria todos os Concellos e, argumentou que “iso non quere dicir que non se executen”. A titular de Economía no Concello lembrou todos os investimentos que o goberno presentou nos seus orzamentos como a peonalización de Quiroga Ballesteros, os ascensores do Sagrado Corazón e Fontiñas ou o Plan de Barrios, entre outros, algo que asegurou van a executar “a pesares de Cidadáns”.

“O único que sabe decir Cidadáns é non, o non polo non. Non aos orzamentos, non a Museo da Romanización… É dicir, non a Lugo”, sentenciou a concelleira.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com