Desde Cs Sarria lamentan o “deplorable” estado no que se atopa a praza de abastos e precisamente por iso, os membros da agrupación de Cidadáns na localidade acaban de presentar no Concello unha queixa polo estado da praza de abastos de Sarria.
“O noso comercio local atravesa por momentos complicados, por iso cremos que urxe un plan de dinamización, especialización, procura de alternativas e nichos de mercado específicos que axuden ao noso comercio de proximidade”, explica o coordinador local de Cs.
Desde Cs vese con asombro como, tras un forte investimento municipal e reapertura da praza con todos os postos activos, “os locais comerciais foron pechando progresivamente ata quedar na actualidade tan só dous establecementos”, explica Álvarez Rey. Por todo iso, desde Cs Sarria proponse, como primeiro paso, que se realice unha campaña de promoción para a reapertura de todos os locais da Praza de Abastos de Sarria.