Cs Sarria denuncia o “ruinoso estado” das zonas de recreo infantil da localidade

Cidadáns en Sarria denunciou ante o Concello da localidade o “ruinoso estado” no que se atopan as instalacións dedicadas ao recreo infantil no Concello de Sarria.

“Son instalacións obsoletas, en deficiente estado de conservación, e escasas en número“, dixo o coordinador da agrupación na localidade, Ramón Fernández. Desde Cidadáns alértase de que o citado parque infantil, situado na área de O Chanto, un dos máis concorridos da vila, mostra un aspecto lamentable e “está cheo de perigos para os nenos que xogan nel”.

Así o salientou o coordinador local de Cs, enumerando varios dos danos que as estruturas presentan: “Desde madeiras astilladas, a táboas soltas, pasando por mecanismos rotos ou pintadas, a lista de danos nos parques infantís da vila é interminable. Moitos deles levan meses, por non dicir anos, sen reparar”.

Esta falta de mantemento das dotacións e servizos municipais, agora denunciada por Cidadáns, non se limita aos parques infantís, xa que, explica Ramón Fernández, “a situación de abandono e sucidade esténdese a toda a vila, pero é especialmente grave que se produza onde o futuro de Sarria xoga a diario”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com