Cs Sarria pide ao concello que mellore a atención turística na localidade

A agrupación municipal de Cidadáns en Sarria vén de presentar un escrito no Concello a modo de queixa para que se mellore a atención ao turista na localidade.

Con esta queixa presentada, dende Cs, o coordinador da agrupación local, Luis Álvarez Rey, explicou que “pretendemos denunciar e elevar a queixa pola falta de atención ao turista que dende o Concello se presta a maior parte do ano na oficina destinada a tal fin”.

A agrupación considera “fundamental” que se creen máis puntos de atención ao turista en zonas chave da localidade “para que se poda facilitar así que a estancia do visitante e o seu coñecemento da zona así como a súa posta en valor sexa o máis efectiva posible”. O  coordinador de Cs insiste ademáis na idea de que ao “turista haino que coidar e darlle atención se queremos que a nosa poboación sexa lugar de visita de referencia.

Rey insiste en que dar boa calidade de información turística “esixe abrir e dar información para todos en varios idiomas e con facilidades”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com