O CXPX mantén o reforzo para os xulgados do Social de Lugo

A Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) aprobou unha comisión de servizo con relevación de funcións por un período de tres meses a favor de María del Carmen Rodríguez Alonso, titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Redondela, para reforzar os xulgados do Social de Lugo.

Para aprobar a medida, solicitada pola xunta de xuíces de Lugo e a Sala de Goberno do TSXG (Tribunal Superior de Xustiza de Galicia), tívose en conta a entrada de asuntos nos mencionados órganos xudiciais, que foi superior ao indicador en todos os períodos, alcanzando un 110% en 2015, un 118% en 2016 e un 113% en 2017. Tamén a dedicación dos maxistrados, moi superior ao indicador establecido en todos os períodos analizados: 137% en 2015, 128% en 2016 e 126% en 2017. O rendemento da maxistrada de reforzo no primeiro semestre de 2017 foi dun 139%, tendo en conta o traballo realizado no xulgado de orixe e os xulgados do social de Lugo. Con todo, a pesar do esforzo realizado, a  pendencia nestes xulgados se sitúa por encima das medias autonómica e estatal.

A duración desta medida estableceuse ata o 31 de marzo de 2018, prazo tras o cal poderá plantexarse a posibilidade dun reforzo pola vía da comisión de servizo sen  relevación de funcións. O Ministerio de Xustiza así o indica na aprobación orzamentaria da medida, onde se indica que a comisión con  relevación de funcións poderase prorrogar por un prazo máximo de tres meses debido “ao elevado custo que xera a cobertura do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Redondela”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com