Un condutor deu positivo en alcolemia, onte en Lugo, tras empotrarse contra unha farmacia sita na Avenida da Coruña. O accidente tivo lugar en torno ás 3.15 horas do domingo.
Tras saírse da vía e chocar contra a porta do establecemento, varias testemuñas dos feitos alertaron á Policía quen lle realizou ao rapaz as pertinentes probas de alcol e que arroxaron un resultado de 0.83 miligramos de alcol en sangue polo que foi acusado dun delito contra a seguridade viaria e trasladado á comisaría.