Darío Campos acusa ao PP e a Martínez de “paralizar a institución”

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, acusa aos deputados provinciais do Partido Popular e ao deputado non adscrito Manuel Martínez de “antepoñer os seus intereses partidistas e persoais aocolectivo de todos os lucenses debido ao síndrome presidencialista que sofren”.

A este respecto, Campos cre que “os únicos que deberían dimitir son eles”, e respostaba así á petición de dimisión que onte facía a voceira dos populares Elena Candia logo de que o Goberno provincial non fose quen de aprobar o Plan de Obras e Servizos para este ano.

Segundo Campos, trece deputados aprobaron emendas ao POS e logo votaron en contra do POS emendadopor eles mesmos. “É o non polo non. O único que queren é que non saía nada do Goberno. Non pensan nos veciños. Só neles mesmos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com