O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, sinalou que trala elección polo proceso de primarias de Xaquín Fernández Leiceaga como candidato á Xunta de Galicia “gañou o Partido Socialista”.
Pese ao axustado da votación, Campos non ve risco de ruptura no socialismo galego xa que “Leiceaga xa dixo que a súa posición sería integradora e de buscar consenso”. A este respecto, o presidente do ente provincial cre que “non ten porqué haber escisión, ao contrario; temos que sumar todos para cambiar as políticas de Feijóo”.
“Eu xa dixen que gañara quen gañara eu estaría detrás apelando á unidade e apelando a gañar as próximas eleccións á Xunta, que é o que nos interesa a todos os socialistas de Galicia”, subliñou Darío Campos.