Darío Campos cre que Martínez é un “neno” e que está “acabado” como político

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, acusa ao alcalde de Becerreá e deputado non adscrito Manuel Martínez de ser un “neno” e sinala que “como político está acabado”, xa que a súa situación no Partido socialista “non ten volta atrás”.

Campos contestaba así as acusacións vertidas onte por Martínez, que acusou ao actual presidente do ente provincial de “mentir” e de non ter “dignidade” para presidir a Deputación.

Sobre estas declaracións, Darío Campos sentenzaba: “Martínez é un neno, ao que se non lle das o chupa-chups que quere, non quere outro, e ese é o problema”, e engadía que o alcalde de Becerreá “ten un ego moi alto” e “estalle facendo dano, tanto ao Partido Socialista, como a esta institución”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com