O vindeiro luns terá lugar o Pleno do Consorcio de Bombeiros, no que non só haberá representantes deste corpo de seguridade senón tamén estarán presentes o Delegado Territorial da Xunta en Lugo,José Manuel Balseiro e o Presidente da Deputación, Darío Campos Conde.
Así o expresou esta mañá o voceiro do goberno provincial, Álvaro Santos Ramos, quen asegurou que o presidente da Deputación aproveitará para propoñer a creación dunha Comisión Técnica para que se comece a traballar no cambio do modelo de xestión, e volverá a negociar a equiparación salarial destes traballadores.