Darío Xohán Cabana, pregoeiro do San Froilán 2015

A Comisión Especial de Festas acordou este martes por unanimidade nomear ao escritor e académico Darío Xohán Cabana como pregoeiro do San Froilán 2015,. A proposta do escritor e membro da Real Academia Galega (RAG), que ademais é funcionario do Concello, obtivo o consenso de todos os grupos políticos representados na Corporación, “ao tratarse dunha persoa de recoñecido prestixio que reúne sobradamente os méritos e requisitos necesarios para ofrecer o pregón dos festexos patronais lucenses”, subliñou a alcaldesa Lara Méndez.

Darío Xohán Cabana naceu en Roás (Cospeito) no ano 1952, é autor de medio cento de obras, entre outras, de poesía,  Roman­ceiro da Terra Cha (1973), VIII frag­mentos (1987), Amor e tempo liso (1987), Patria do mar (1989), Canta de cerca a morte (1994) e Cabalgada na brétema (2006); de narrativa, Galván en Saor (1989), Fortunato de Trasmundi (1990), Vidas senlleiras (1992), O cervo na torre (1994), Morte de rei (1996), e Mitos e memorias (2003). Realizou tamén varias antoloxías de poesía galega, e algúns estudos históricos como Modios e moios: nota sobre metroloxía galega medieval, A chegada a Lugo do primeiro tren e Cunqueiro e Don Hamlet en Lugo. Publi­cou traducións do Cancioneiro de Petrarca (en 1989 e outra nova no 2012), A Divina Comedia (pola que lle foi outorgada a Medalla de Ouro da cidade de Florencia) e a Vida nova de Dante; e Os Tres Mosque­teiros de Alexandre Dumas. Compilou e traduciu unha Antoloxía do Dolce Stil Novo e outra de Os trobadores de Occitania.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com