O Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá quere facer constar o seu pesar e o de todos os seus membros, polo pasamento do gran fotógrafo e magnífica persoa Carlos Valcárcel Gay.
A súa técnica e sensibilidade artísticas eran parellas á súa modestia e calidade humana, polo que deixa en todos nós a imaxe dun grande artista que pasou pola vida traballando e dialogando, sempre en harmonía e paz.
Vaia para a toda a súa familia a nosa solidariedade e sintonía coa súa dor, e o recoñecemento pola amizade coa que nos distinguen, como Carlos nos demostrou desde hai case medio século.