De lobos e de homes

Afirmouse que “o home é un lobo para o home”, porque os humanos non sempre nos comportamos entre nós con racionalidade. E agora parece plantearse a igualdade de dereitos entre o home e o lobo, que xa ten provocado un enfrentamento entre dous ministros do goberno: a de transición ecolóxica que quere elevar a protección do lobo, e o de agricultura que defende os dereitos dos labregos.

Quizais o problema é o de lexislar desde Madrid sen ter en conta as peculiaridades de cada anaco deste Estado, tan diferentes entre si. En Galicia, desde hai miles de anos convivimos animais salvaxes e seres humanos, pero as circunstancias cambian, e os lobos téñeno mais difícil cada dia por ter que arriscarse máis para conseguir alimento, e así é posible que os lobos estraguen mais de dùas mil cabezas de gando nun ano sen que os gandeiros teñan mecanismos abondos de defensa nin compensacións puntuais para as súas perdas.

É lóxico que a Xunta reclame as competencias sobre o tema do lobo en Galicia, porque non se pode poñer a necesaria conservación desta respecie por diante da facenda e a vida dos nosos  gandeiros.

Dous ministerios enfrontados evidencian dúas maneiras de medir e ver un problema, e que hai que harmonizar a convivencia de animais salvaxes e persoas pero dando preferencia aos humanos. Os técnicos dirán se hai que habilitar territorios específicos, reservas para que os lobos poidan vivir en liberdade, e tratar de conseguir que se o home segue a ser lobo para o home, non sexa un lobo para o lobo, senón por aplicación do seu raciocinio aprenda a ser un ser humano para o lobo e para o home

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com