O vicesecretario de Participación do Partido Popular, Jaime De Olano, afeou a Sánchez que acudise no día de hoxe a Galicia “para intentar convencer aos galegos de que a inestabilidade é mellor que a estabilidade” e lamentou que siga “poñéndose de perfil” respecto dos problemas que ten Galicia e a provincia de Lugo, en particular, e que dependen directamente da xestión do Goberno central.
Referiuse así o tamén deputado no Congreso á delicada situación de Alcoa, á política fiscal do Goberno que lle retén á comunidade o IVE ou á “nula vontade negociadora” para que os ingresos dos produtores e gandeiros non se vexan mermados debido aos recortes das axudas da Política Agraria Común (PAC), ou á chegada da Alta Velocidade.
O tamén deputado no Congreso fixo estas declaracións no marco da XXX Feira da Androlla de Navia de Suarna, onde participou xunto a outros cargos orgánicos do Partido a nivel local, provincial e autonómico.“Que un Goberno de 4 o 5 partidos, que ademáis non se falan, para os socialistas é mellor que o Goberno que apoian maioritariamente os galegas nas furnas, é inaudito. Esta é a credibilidade de Sánchez”, afirma.
De Olano amosouse así moi crítico coa visita do dirixente socialista, quen só acude a Galicia en campaña electoral e faino, ademais, segundo apunto o popular, “para vendernos fume e seguir discriminándonos, pois o seu interese por Galicia quedou claro este mesmo xoves, acordando privilexios para os vascos na xestión das pensións”.
“Sánchez vén a Galicia hoxe e o xoves próximo sentarase cun presidente inhabilitado polo Tribunal Supremo para acordar máis privilexios para os Independentistas cataláns. Isto é o que lle importamos a Sánchez”, insistiu.
“Non hai máis que ver-dixo- que prometeu entregar o IVE das Comunidades Autónomas e agora quedouse con él. Prometeu en Galicia amañar o de Alcoa e agora Alcoa di que non seguirá fabricando aluminio en Galicia nestas condicións. Prometeu que o AVE chegaría en 2019 a Galicia e estamos en 2020 e teremos que agardar máis dun ano”, manifestou De Olano.
Feb 24, 2020 - 05:55 PM
Sr. De Llano, e que me di de Venezuela? Financiación ilegal desde a súa fundación?
Feb 24, 2020 - 01:55 PM
De qué inestabilidade está a falar o Sr. De Olano ? Este home se cadra ve estabilidade na España case arruinada que deixou o PP polos seus latrocinios e corrupción ?