O vindeiro sábado 16 ás 12h no Centro Social “A Hedreira” Xulio Carmona falará do 5G, un tema que segundo os organizadores “ nos afecta a toda a sociedade e do que convén ter información”. Ecoloxistas en Acción propón debates como este para “reflexionar sobre a progresiva desprotección cidadá e ambiental, que, presentada como verde e dixital, ten fortes impactos para as persoas e o planeta. Propoñen crear as bases para “regular unha limitación da exposición ás radiacións en base ao principio de precaución; protexer o ambiente da hiperdixitalización sen fíos (enerxívora, implicada no quentamento global e no extractivismo mineiro); así como garantir a privacidade e frear as estratexias de control social”. A organización ecoloxista impulsa o desenrolo de normativas e prácticas locais biososteníbeis, impulsando debates e mocións de moratoria do 5G, como a aprobada por unanimidade o 1 de xuño en Hoyos (Cuenca), ou a Iniciativa Cidadá Europea STOP 5G
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.