O Presidente do Goberno estatal, Pedro Sánchez, vén de decretar o Estado de Alarma para todo o país dende mañá, co fin de evitar a propagación do COVID-19 (Coronavirus).
Esta medida extraordinaria, recollida pola Constitución, e prevista, especialmente para crises sanitarias, permitirá limitar, durante 15 días, tanto a circulación de persoas como intervir industrias ou racionar o uso de servizos e o consumo de artigos de primeira necesidade.