Delegado do Goberno: o pago complementario a mozos agricultores triplicouse desde 2017

A Delegación do Goberno destaca que as mozas e os mozos que realizan a súa actividade no ámbito da agricultura aumentaron as súas achegas ata os case 534.000. Esta aportación corresponde ao pago complementario a mozos, triplicado dende 2017.

O Delegado do Goberno, explicou que son 213 persoas en Galicia as que reciben esta achega. En total perciben 533.784,03 euros, que corresponden a 2.561,97 hectáreas explotadas. Esta liña é un dos alicerces básicos da Política Agraria Común, que conta co pago complementario, polo que aumenta un 50% o valor dos dereitos de pago básicos das persoas titulares, e por outro a asignación dos dereitos da reserva nacional, que perciben todos os mozos que cumpran os requisitos.

No ámbito dos pagos complementarios a mozos labregos obsérvase que dende 2017 triplicáronse os fondos totais, de 18,6 millóns entonces ata os 61,6 de agora. Existe un incremento parecido nos fondos da reserva nacional básica, que agora conta cunha media anual de 18 millóns de euros, fronte aos 5 por campaña do periodo 2007-2014.

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación xa adoptou medidas económicas vinculadas á pandemia da COVID-19. En concreto, estableceu unha redución dos índices do IRPF de 2019 na actividade agrogandeira, que supuxo un beneficio de en torno a 7 millóns de euros para as galegas e os galegos. 

Estas últimas medidas enmárcanse na aposta do Goberno por establecer un escudo social fronte á COVID-19. É a primeira vez que se aborda unha crise con inxección de fondos en lugar de recortes. Vén a complementar outras medidas previas para combatir á falta de liquidez, como os ERTE, as axudas para persoas autónomas ou o Ingreso Mínimo Vital.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com