Dende este luns a rúa García Abad permanecerá pechada ao tráfico durante dez días

A  partir deste luns, 27 de xaneiro, a rúa García Abad será cortada ao tráfico rodado para facilitar os traballos de soterramento dunha liña de baixa tensión.
Os traballos, que teñen un prazo previsto de 10 días, afectarán tamén á avenida da Coruña, máis en ningún momento se interromperá a circulación de vehículos nesta vía ao poder habilitarse o lugar non ocupado para permitir a circulación dos dous sentidos.
Para habilitar o acceso de vehículos que circulan por Rúa García Abad cara a Avenida da Coruña, modificarase temporalmente o sentido da circulación, habilitándoa en sentido contrario ao habitual.
Fotografía: Google maps

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com