Dende Lugo a Ulan Bator por unha causa benéfica

O equipo de La Sonrisa Nómada, formado polos lucenses Iván Doel e Diego Segade, percorrerá máis de 16000 km pola Ruta da Seda ata chegar a Mongolia nun rally solidario, recadando diñeiro para a asociación lucense Somos Unidos por el Cáncer.

O Rally de Mongolia é un evento solidario que se realiza dende 2004. Todos os participantes deben recadar fondos para diversas ONGs, e está deseñado para ser unha aventura e non unha competición, xa que non hai soporte algún por parte da organización durante a carreira, nin se premia ao que chegue primeiro.

La Sonrisa Nómada, formada por Iván e Diego, percorrerán en xullo de 2016 os máis de 16000km que separan Lugo de Ulanbatar nunha ambulancia que doarán á súa chegada alí. Aínda que non hai ruta prefixada, seguirán a famosa Ruta da Seda durante unha boa parte do camiño, pasando por países como Turquía, Kirguizistán ou Kazajistán, converténdose nos primeiros lucenses en realizar tal fazaña; e doando material escolar e deportivo en diversas escolas ao longo do seu camiño.

Actualmente atópanse na procura de patrocinio que faga posible o proxecto a traveso de doazóns.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com