Praza de Santo Domingo

Dende mañá á tarde e ata o xoves pola mañá os accesos e saídas do parking de Santo Domingo realizaranse pola mesma rampla

O Concello de Lugo informa que, no marco das intervencións de peonalización do Centro Histórico, este martes pola tarde a empresa adxudicataria das obras da Praza de Santo Domingo traballará na execución da pavimentación da rampla de acceso de entrada ao aparcamento soterrado sito nesta praza, labores que poderían estenderse ate entrada a noitiña, coa finalidade de axilizalos todo o posible.

Dende ese momento e ata o xoves pola mañá, os accesos ao estacionamento faranse pola rampla de saída, combinando alternativamente a entrada e a saída (tal e como se fixo tamén no parking da Praza do Ferrol) contando co apoio de persoal que controlará a afluencia de vehículos en prol de garantir a seguridade viaria. Para acceder á rampla habilitada haberá que circular pola zona, establecida en obra como viario, pegada ao convento.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com