O Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Queixo San Simón da Costa, recibiu esta noite no Auditorio da Facultade de Veterinaria do campus de Lugo o XV Premio Aresa de Desenvolvemento Rural. O presidente da entidade, Daniel Pérez Pérez, foi o encargado de recoller o galardón, dotado con 10.000 euros e unha praca conmemorativa.
A gala de entrega do premio, un acto que todos os anos reúne ás personalidades máis destacadas do mundo social, económico, político e cultural da capital, estivo presidida polo reitor da USC, Juan Viaño Rey, e o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, acompañados na mesa pola conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, e os membros do xurado deste ano José Manuel Andrade Calvo e Màrius Rubiralta Alcañiz.
Precisamente Rubiralta, que é director do Campus da Alimentación de Torribera, da Universidade de Barcelona, foi o encargado da lectura da lección ‘Desenvolvemento territorial e cohesión social a través do coñecemento agroalimentario e gastronómico’, coa que se iniciou o acto.
Este experto en alimentación fixo referencia á creación recente do Campus Terra facendo unha comparación entre a Universidade de Barcelona, á que pertence, e a de Santiago, “mediante la comparación entre estas dos regiones europeas con sus modelos de dieta característicos, la Dieta Mediterránea y la Dieta Atlántica; dos universidades innovadoras, la UB y la USC, con dos proyectos de campus de especialización agroalimentaria TERRA y TORRIBERA, con dos comunidades agroalimentarias comprometidas”.
A entrega do galardón á Denominación de Orixe Protexida estivo a cargo do reitor e do presidente de Aresa. Este último destacou do gañador “su contribución a la mejora de la economía rural, transformando un producto del sector primario, como la leche, y dándole un valor añadido a través de su elaboración y posterior comercialización”.
Explicou que un dos puntos que axudou ao xurado a optar por este candidato foi o feito de que “once fábricas de queso situadas en un ámbito geográfico limitado se hayan puesto de acuerdo para la explotación conjunta de un producto que han conseguido prestigiar tanto, contradiciendo la opinión extendida de que los gallegos somos incapaces de asociarnos”.