Unha muller denuncia os numerosos atrasos e a desidia que está a amosar a administración sanitaria, tras unha intervención cirúrxica dun ombreiro á que foi sometida no ano 2016. De dita operación a paciente queda con secuelas importantes que dificultan a realización das tarefas propias do seu traballo e moitas actividades da vida diaria. A desidia e a falta de continuismo terapeútico do Sergas é de tal magnitude, que dous anos despois da intervención solicítanlle a máis que necesaria rehabilitación postcirúrxica, para a correcta recuperación da funcionalidade do ombreiro , pero esta non é administrada ata finais do 2020.
Previamente e para recuperar o máximo posible, decide realizar o tratamento rehabilitador pola súa conta , máis cando solicita reembolso dos gastos ocasionados “ o Sergas négase alegando que non era unha necesidade urxente e tampouco quixeron facerme revisión postratamento”– relata a muller.
Ao fin, en decembro de 2020, tras catro anos da intervención, realízanlle unha resonancia con contraste e , a data de hoxe , aínda non foi citada polo servizo de traumatoloxía para coñecer os resultados, ao igual que tampouco foi vista polo especialista tras o tratamento de fisioterapia que recibiu.
A deixadez e inoperancia da Xerencia é de tal calibre que a paciente non puido achegar a documentación que precisaba á administración para solicitar unha discapacidade polas lesións que lle quedaron, xa que pediu informes da súa intervención por todos os medios ao seu alcance, mesmo con escritos dirixidos á dirección do hospital da Mariña, sen obter resposta algunha.
Por iste motivo a muller contacta coa Plataforma Sanitaria, que lle redacta e rexistra reclamación o día 6 de maio de 2021, con número de entrada no rexistro 00923. sin que ata o momento tiveran a ben proporcionarle os informes aos que ten dereito e que a administración ten a obriga de proporcionarlle.
Plataforma Pola sanidade pública da Mariña