Denunciada unha hostaleira da Milagrosa por incumprimento das medidas restritivas

Durante o día de onte, 7 de setembro, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo denuncian á responsable dun establecemento de hostalería situado dentro do barrio da Milagrosa (rúa Mallorca) ao sorprender os axentes a tres clientes no interior do local, con licenza de café-bar, consumindo bebidas, co consentimento da responsable, incumprindo as medidas restritivas aplicables á rúa onde se sitúa, recollidas na Orde do 28 de agosto/20 da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

A Policía Local lembra que no ámbito territorial delimitado pola Avenida da Coruña e as rúas Tino  Grandio,  Camiño Real, Mar Cantábrico e Angelo Colocci, os restaurantes non poderán superar o 50% da súa capacidade na zona de comedor para o servizo de comida e nos bares e cafeterías non se poderá consumir no interior do local.

Asemade e continuando cos dispositivos establecidos para o control do cumprimento das medidas de prevención establecidas pola Xunta de Galicia como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19, levantan dúas actas de infracción a cidadáns que transitaban pola vía pública sen facer uso da máscara de protección

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com