Denunciadas dúas persoas por fumar en espazos públicos sen gardar a distancia de seguridade

No día de onte, 9 de setembro, e continuando co dispositivo activado para o control do cumprimento das normas emanadas da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia para facer fronte á situación derivada do COVID-19, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio levantaron dúas acta-denuncia ao sorprender a dous cidadáns que consumían tabaco nun espazo público sen gardar a distancia de dous metros con outras persoas, sendo detectadas estas infraccións na Praciña do Colexio, sobre as 21:30 horas.

A Policía Local lembra que a normativa vixente da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia establece que: “o consumo de tabaco ou de cigarros electrónicos na vía pública ou espazos ao aire libre, incluídas as terrazas, só se poderá exceptuar da obrigación do uso da máscara, e exclusivamente durante o indicado consumo, sempre que, tendo en conta a posible concorrencia de persoas e as dimensións do lugar, se poida garantir o mantemento, en todo momento, da distancia de 2 metros con outras persoas”.

Asemade, sobre as 16:00 horas de onte, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Central do Comunicacións 092 para que se traslade a unha vivenda da rúa Río Cabe xa que segundo a central de urxencias médicas 061 a residente da devandita vivenda non acudira á cita programada, sospeitando que puidese pasarlle algo grave xa que é unha muller de idade con importantes dificultades de mobilidade e con necesidade de recibir tratamento médico.

Os axentes localizan á muller no interior do domicilio, en bo estado, aínda que aprecian perda de memoria xa que lles manifesta que non acudiu á realización do tratamento médico xa que non se acordaba onde estaban as chaves da súa vivenda e non podía pechar a porta unha vez saíse do domicilio.

Os axentes, a requirimento expreso da señora, realizaron unha procura das chaves, atopándoas no peto dunha das pezas de vestir que utiliza habitualmente. Así mesmo puxéronse en contacto co 061, desprazando ao lugar unha ambulancia onde foi trasladada a señora ao HULA para a súa atención médica.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com