A Policía Local volveu esta fin de semana a levantar acta de infracción nun local hostaleiro da rúa Concello, denunciado por primeira vez hai uns días, por infracción á Lei de Saúde de Galicia, ao detectar unha concentración dunhas seis persoas non conviventes consumindo bebidas á estrada do establecemento, observando os axentes botellas de cerveza e copas de viño, sendo denunciada tamén unha persoa que estaba á entrada do establecemento por non facer uso da máscara de protección.
Asímesmo, continuando cos dispositivos establecidos pola Policía Local de Lugo para o control do cumprimento das normas da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio levantaron 11 actas de denuncia por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá ao detectar a sete persoas que incumprían a prohibición de entrada e saída do termo municipal de Lugo, levando aparelladas multas de 601 a 30.000 euros, e 2 actas denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia, por non facer uso da máscara de protección.
Por outra banda, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, interveñen, ás 0:50 horas do día 23 de novembro, nunha vivenda da rúa Perpetuo Socorro, onde se detecta a celebración dun aniversario no que hai cinco persoas non conviventes, polo que se levanta acta de infracción á Lei de Saúde de Galicia.
Desde a Policía Local lémbrase a todos os cidadáns que, no municipio de Lugo, a permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como ao aire libre, e en espazos de uso privado, queda limitada aos grupos constituídos só por persoas conviventes. A infracción por estes incumprimentos leva aparellada multas de 601 a 30.000 euros.
Nov 23, 2020 - 06:08 PM
El problema es que una vez…otra….otra….le quitaba yo la licencia 50años.