A Policía Local de Lugo denunciou esta fin de semana a un establecemento por vender alcol a menores de idade. Os feitos sucederon nun local de ocio nocturno, onde os axentes detectaron a catro rapazas pedindo bebidas alcólicas na barra, que foron servidas polo empleado. Cando as identificaron, puideron comprobar que todas elas tiñan entre 15 e 16 anos e que pediran unha consumición cunha alta gradación de alcol. A policía procedeu entón a abrir un expediente sancionador ao local por incumprimento da normativa galega de prohibición de venda de alcol a menores.
Así mesmo, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo realizou unha inspección nun local hosteleiro na Avenida das Américas que infrinxía a normativa de Espectáculos Públicos de Galicia por exceder o límite horario establecido. Finalmente o establecemento foi denunciado.