A Policía Local de Lugo detectou durante a tarde de onte dous condutores de repartición con presenza de drogas no organismo ao dar positivo en THC, ou o que é o mesmo, cannabis. Os condutores foron detectados nos diferentes controis a furgonetas, camións e autobuses que estableceu onte a Unidade de Policía de Barrio xunto a un equipo de Atestados. Os axentes abriron a cada repartidor un expediente sancionador con multa de mil euros e a retirada de 6 puntos do carné.
Ademáis destes dos condutores, a Policía Local detectou tamén 6 vehículos de reparto de mercadorías sen a ITV correspondente, estes enfróntanse a unha sanción de 200 euros. Asemade, a Policía detectou outras 6 persoas que incumprian a Lei de Saúde de Galicia, 4 por incumprimento da normativa sobre permanencia de persoas non conviventes, unha por entrar no termo municipal sen causas xustificadas e, unha última, por non facer uso da máscara de proteccións.